





Acerca de nos
O IES Fernando Wirtz Suárez toma o seu nome polo primeiro director do centro. Esta antiga escola de traballo onde se aprendían profesións tales como: axustador mecánico, albanel, electricista, fontaneiro, carpinteiro ou conductor transformouse primeiro nunha Escola de Maestría Industrial e finalmente nun Instituto de Ensinanza Secundaria e Formación Profesional. Adaptámonos aos tempos actuais ser perder o noso obxectivo orixinal: A ensinanza.
Ir á web principalServizos ofrecidos as alumnas e alumnos
Estes servizos ofrécense para facer os traballos dos módulos e aprender nunha contorna o máis real posible. Están suxeitos a cambios sen previo aviso e o seu uso depende da aceptación das condicións de cada servizo.
Aula Virtual
Tódolos módulos teñen cadansúa aula virtual para entregar as prácticas e consultar os apuntes. Tamén temos subido materiais a internet de forma pública (github) cos que podes colaborar.
Equipos do centro
Contamos con equipos potentes nos que facer as prácticas. Non precisar ten un ordenador potente na casa para facer o curso de especialización.
Acceso ao CESGA
A supercomputación ao rescate! Onde non chegan os recursos habituais, temos a supercomputación. Nodos, recursos e GPUs ao alcance dun click. Contamos con acceso durante ao curso ao Supercomputador Finisterrae III.
Servidor Turing
No centro tamén contamos cun servidor con GPUs para poder facer as prácticas. Terás acceso a este servidor para as túas probas.
Microsoft Office e Azure
Somos membros de diversos programas educativos. Poderás acceder a 100 dólares de saldo en Azure durante o curso sen meter a túa tarxeta. Tamén terás unha licencia de Office ata 5 equipos.
AWS Academy (member)
Témonos unido ao programa de Amazon AWS como institución membro. Esto permítenos dar acceso aos nosos alumnos e alumnas a os talleres e aula virtual de amazon con acceso real ao seu panel de control.
Estuda e especialízate!
Somos pioneiros na implantación deste curso! Estudarás na cidade que é sede da AESIA (Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial). Podes facer o curso en modalidade presencial: Ordinaria ou Dual. A ordinaria non ten prácticas en empresa, a dual parte da formación é na empresa.
Proxecto de Innovación 2022
Creación dun modelo de linguaxe adestrado previamente mediante técnicas de auto atención, co obxectivo de explorar arquitecturas que permitan o seu uso en solucións de procesamento da linguaxe natural en galego tanto na docencia como na contorna empresarial.
Este proxecto pretende levar a cabo a creación duns modelos de linguaxe da lingua galega mediante técnicas de aprendizaxe profunda e auto atención, co fin de crear modelos máis complexos para a creación de solucións a tarefas tales como “respostas a preguntas” previa presentación dun texto, resumos de textos, clasificación de textos e sistemas conversacionais en galego. Todo iso permitiría experimentar a automatización de tarefas docentes ou empresariais como avaliacións automáticas do alumnado, respostas a dúbidas sobre un texto, clasificación de textos cos seus resumos e creación de entes conversacionais útiles tanto para a docencia como para a contorna empresarial.
- Membros
- Progreso
- Modelo de linguaxe?
- Obxectivos globais
- Obxectivos especificos
- Todo
Membros — Entidades | |
---|---|
IES Fernando Wirtz Suárez | Líderazgo do proxecto Equipo informático |
CIFP Ucha Piñeiro | Membro do proxecto Equipo lingüístico |
IBERLEY S.L. | Membro do proxecto Soporte tecnolóxico e documental |
Universidade da Coruña | Asesoramento |
Membros do proxecto
Entidades que colaboraron e o seu nivel de implicación
Progreso
Temos 10 GiB!
Recolección de textos en galego para a creación dun corpus: common crawl
Recolección de textos en galego para a creación dun corpus: DOG
Entrenamento dos modelos: small, large, xlarge
Progreso
Completo!!!
Qué é un modelo de linguaxe? (1)
Dentro da IA, unha das áreas de máis avance e futuro é o procesamento da linguaxe natural (en diante PLN). O PLN é a rama da IA enfocada na comprensión da linguaxe humana por parte das máquinas.
Co PLN, as máquinas analizan a linguaxe humana, interprétana e dan significado para que poida ser utilizada de maneira práctica. Usando PLN podemos facer tarefas como o resumo automático de textos, a tradución de idiomas, a extracción de relacións, análises de sentimento de textos, o recoñecemento da fala e a clasificación de artigos por temáticas, entre outros.
Os modelos da linguaxe son redes neuronais artificiais de gran tamaño, capaces de analizar inxentes volumes de texto escrito para aprender a estrutura coa que se presentan as palabras dun determinado idioma. Con este preadestramento, convértense en modelos xerais que se poden readestrar con fins, xa sexa para resolver unha tarefa concreta de PLN ou para adaptalo á terminoloxía dun dominio en concreto.
Que é un modelo de linguaxe
Infórmate!
Cales son os obxectivos do proxecto de innovación?
Globais
- Xeración de innovación: o proxecto pretende crear a semente de solucións de intelixencia artificial aplicada á empresa na cidade da Coruña, sen limitarse exclusivamente ao territorio ou ao tipo de destinatario destas tecnoloxías.
- Transferencia tecnolóxica: situar a Formación Profesional como ponte entre a universidade e as empresas, mediante a creación de proxectos como este, con continuidade no futuro, e a súa integración en “A Cidade dás TIC”, como beneficiario de espazos e recursos.
- Inserción laboral: O alumnado dos cursos de especialización de “Intelixencia Artificial e Big Data” da nosa Comunidade, terán acceso ao uso desta tecnoloxía para a realización de modelos máis específicos e experimentar con esta tecnoloxía.
Obxectivos
Globais
Cales son os obxectivos do proxecto de innovación?
Específicos
- Crear un gran corpus en galego que poida ser usado por outras entidades científicas ou empresariais.
- Crear un conxunto de modelos adestrados previamente da lingua galega, susceptibles de ser usados como etapa de preprocesamento para outros modelos máis concretos de PLN. Crearanse polo menos tres versións correspondente a tres tamaños distintos, de menor a maior, co ánimo de seren usadas en tres ambientes de computación diferentes.
- A nosa lingua necesita dar un salto cualitativo dende o concepto de “lingua en vías de desaparición” a “lingua propia representativa dunha cultura moderna”. O galego está entre as 21 linguas europeas en perigo de extinción dixital segundo Meta-Net, a rede de excelencia europea da que forma parte o Grupo de Tecnoloxías Multimedia da Universidade de Vigo.
Un estudo realizado con motivo do Día das Linguas denuncia que a maioría de linguas europeas (21 de 30 analizadas, un 70%) ten poucas probabilidades de sobrevivir na era dixital, entre elas o galego.
Obxectivos
Específicos
Equipo docente
Gústanos a Intelixencia Artificial e o Big Data.

Juan Francisco Puentes Calvo
Catedrático de Formación Profesional (Informática), PhDDocencia en: Modelos, Programación e Sistemas de Aprendizaxe automáticos.
Últimas publicacións: Introducción a las Tecnologías Inteligentes

Daniel Espiñeira Cupeiro
PES. Sistemas e Aplicacións InformáticasDocencia: Sistemas de Big Data e Big Data Aplicado

Juan Torre Barbeito
PES. InformáticaDocencia en: Modelos, Programación e Sistemas de Aprendizaxe automáticos.

José Francisco Sánchez Corral
PES. Sistemas e Aplicacións InformáticasDocencia: Sistemas de Big Data e Big Data Aplicado
Contacta con nos!
Velaquí os nosos datos de contacto Se tes algunha pregunta, non dubides en contactar con nos.
Estamos en:
Rua Caballeros, 1. 15006 — A Coruña
Email:
ailab@fernandowirtz.com
Teléfono:
+34 881 960 260